Evento: Festa da Dorna

Festa da Dorna
domingo, 17 xullo, 2016 a luns, 25 xullo, 2016
Ribeira,
Ribeira

Festa da Dorna

Festa de interese turístico de Galicia

Esta peculiarísima e atípica celebración atrae cada verán miles de persoas a Ribeira á procura dunha diversión que está de sobra garantida. A Festa da Dorna une tradición e modernidade. Naceu un 24 de Xullo de 1948, quedando establecido o día grande para o resto da Historia, e fixo xa coma quen non quere a cousa, grazas a unha panda de compañeiros amigos da troula e da embarcación máis tradicional e básica para o mariñeiro común de Riveira: a dorna. Durante décadas celebrouse un só día, coroado polo baile e o concurso no que un pescador era premiado cunha dorna. Pero a finais dos 80, uns mozos de ánimo inquedo dinamizaron a festa e expandírona ata o que hoxe é: case unha semana de confraternidade entre distintas peñas que participan en numerosos xogos curiosos e se divirten de xeito inesquecible.

Esta festa implica unha filosofía que ten moito da identidade de Ribeira: unha linguaxe propia, un espírito aberto, hospitalario e participativo e esa diversión tan costeira de "ata que o corpo aguante". Xogos do mar no peirao, xogos de terra na praia, embarcacións feitas á machada, descenso de carrilanas, guateque, queimada, sardiñada, pasarrúas, concertos e un enorme ambiente diurno e nocturno.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Festa da Pascua de Padrón
11 de abril a 27 de abril
Varios espazos
Festa da Lamprea
25 de abril a 27 de abril
Varios espazos
Festa da Troita
30 de abril a 1 de maio
varios espazos