Evento: Concerto de Rosendo
Concerto de Rosendo
Rosendo Mercado Ruiz naceu en Madrid o 23 de febreiro de 1954. Criouse en Carabanchel, onde segue residindo na actualidade. Tras abandonar os estudos na escola de enxeñería ICAI, en 1972 incorporouse como guitarrista a Fresa, un conxunto que tocaba versións de cancións de moda e en ocasións acompaña a solistas. Tras diversos cambios, que incluíron a incorporación como cantante de José Carlos Molina, a banda pasou a denominarse Ñu. En 1974 Rosendo descubriu a música de Rory Gallagher, que se converteu nunha das súas influencias máis grandes, xunto a outros grupos como Jethro Tull, Canned Heat, Cream, Deep Purple e Black Sabbat.
Logo de Ñu, no 1977 forma Leño banda que lidera ata que comeza a súa etapa en solitario no 1985.
Ata a actualidade este clásico do rock nacional segue coa súa etapa en solitario e sendo recoñecido o seu traballo con premios coma a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes no 2006.