Evento: Festa da Anguía e Mostra de Caña do País

  • Anguias fritidas
Festa da Anguía e Mostra de Caña do País
sábado, 29 agosto, 2015 a domingo, 30 agosto, 2015
Valga,
Valga

Festa da Anguía e Mostra de Caña do País

Festa de interese turístico de Galicia de exaltación da anguía

Desde o ano 1989 celébrase neste concello a Festa da Anguía para enxalzar e dar a coñecer un dos peixes máis exquisitos do río Ulla. Pretende mostrar as distintas posibilidades culinarias que este peixe nos pode ofrecer: ano a ano fóronse engadindo novas formas de preparalo, e así na última edición os milleiros de visitantes puideron degustalo en empanada, fritido, guisado con patacas, rebozado, en escabeche ou á Bela Otero (con arroz).
Dous anos despois acordouse celebrar conxuntamente con esta festa gastronómica a Mostra das augardentes tradicionais que se elaboran en todas e cada unha das parroquias de Valga; nacendo así a Mostra da Caña do País.

A programación relacionada con esta festa de interese turístico inclúe o Concurso de Caña do País e unha Ruta-Concurso de Tapas con Anguía.
Actuacións musicais encadradas no Festival Cañarock, no Anguiando Jazz e verbenas e actuacións o día 29.
Hai programadas actividades infantís, paseo cabalar, exibición de tiro e caza con arco, exhibición de agility, exhibición de cetrería e a recreación da Batalla de Casal de Eirigo.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular