Evento: Concerto de Virandeira

  • Banner da banda
Concerto de Virandeira
venres, 18 decembro, 2015 - 21:30
A Arca da Noe,
Vilar de Santos

Concerto de Virandeira

Actuación da banda folk viguesa

Banda de folk fusión que aposta pola mestura de xéneros, estilos e sons. Unha visión da música que fuxe do contemporizador na procura do ecléctico, filosofía que é aceno de identidade do grupo e que xorde directamente da variedade de influencias musicais dos seus propios compoñentes: folk, rock, jazz, clásico,... Virandeira Folk prosegue adiante na súa andadura polo panorama musical galego coa presentación dun novo disco, Metamorfose, unha proposta musical viva, fresca, moderna e singular.
A banda viguesa acadou unha gran recepción por parte da crítica en 2012 có seu debut discográfico, Sons do Atlántico. Con Metamorfose o grupo evoluciona cara a un espectáculo máis xenuino e vital, sen esquecer a expresividade e sensibilidade dos temas cos que a banda se deu a coñecer.

A banda está formada por Chema Alonso (gaita), David Oitabén (frautas), André Taboada (violín), Roberto González (guitarras), David Casal (baixo) e Alex García (batería).

Máis eventos de tipo Concerto

SUIT(E)
29 de abril
Avenida do Burgo das Nacións
Rata Blanca
30 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
El Drogas
2 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5