Evento: Tarde entre microbios
Tarde entre microbios
Tarde entre microbios
Achegar a ciencia aos máis pequenos nun formato atractivo
Proxectarase un audiovisual de Microbioloxía (Kaleid@Labs), que achega a ciencia dos microbios aos máis pequenos nun formato atractivo e con contidos adaptados.
Ademais da realización de dous obradoiros científicos: “Vai frío, microbio?” e “Maxia microbiana” e unha sesión de “Contos microbianos”.
Organizada polo Instituto de Investigacións Mariñas IIM-CSIC de Vigo en colaboración coa Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia