Evento: Feira do Queixo de Arzúa
Feira do Queixo de Arzúa
A Festa do Queixo de Arzúa tense consolidado como unha das citas gastronómicas máis importantes de Galicia, tanto pola calidade do produto protagonista como polo interese dos actos programados.
O queixo de Arzúa amparado baixo a marca de Produto Galego de Calidade, conta coa súa propia Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa e co control dun Consello Regulador que certifica que foi elaborado co método tradicional, a partir de leite enteiro de vaca, nos concellos de Arzúa, Cuntis, Melide, O Pino, Santiso, Sobrado, Toques, Touro, Vilasantar, Friol, Monterroso e Palas de Rei.
Paralelamente á festa do queixo, a vila de Arzúa acolle a fin de semana o Festival do Queixo que en 2016 conta co seguinte programa:
Sábado 5 de marzo a partir das 22:30h.: Actuacións de Nach (rapeiro alacantino que presenta o seu disco A través de mi), Miguel Campello (cantante de Elbicho que trae o seu flamenco-rock) e sesión de picadiscos con Diego RJ.
Domingo 6 de marzo: Sesión vermú ás 13:00h. co grupo vigués Troy (gañador do concurso Queixo Maquetón) e pola tarde a partir das 18:00h. concerto do acordeonista pontés Andrés Penabad e actuación de Luar na Lubre presentando o seu disco Extramundi.
Máis eventos de tipo Festa/Feira popular
