Evento: Festa do Santísimo Cristo de Fisterra

  • Imaxe da Romaría do Santo Cristo
Festa do Santísimo Cristo de Fisterra
sábado, 15 abril, 2017 a luns, 17 abril, 2017
Igrexa de Santa María das Areas,
Fisterra

Festa do Santísimo Cristo de Fisterra

Festa de interese turístico de Galicia

As festas do Santo Cristo de Fisterra teñen lugar nos días de Semana Santa, con representacións da Paixón de Cristo por parte dun grupo de veciños da vila que son seguidos por milleiros de fregueses, nos arredores da igrexa de Santa María das Areas, na estrada que sobe ao faro. A máis importante delas é a que ten lugar o Domingo de Resurrección. Trátase dun auto sacramental co que se relata o momento no que, diante do sepulcro de Cristo custodiado polos soldados romanos, un anxo notifica ás mulleres, entre elas a Virxe, a nova da resurrección de Xesús. Entre as manifestacións de gozo e alegría e os aleluias nos que prorrompen os milleiros de asistentes, soan as campás e a música de bandas e lánzanse foguetes e pombas ao voo. Como colofón, báilase a “Danza de Nosa Señora das Areas”, cuxa orixe data do século XVII.

Para non perderse: Representación da pasaxe evanxélica da Resurrección de Xesús, o Domingo de Pascua, na igrexa de Santa María das Areas.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular