Evento: Tai-Chi-Chuan e condición física saudable
Tai-Chi-Chuan e condición física saudable
José Ricardo Soto Caride defendeu a primeira tese doutoral que se presentou en España sobre Tai-Chi cunha cualificación de sobresaliente cum laude. Ten asistido a numerosos congresos internacionais de Educación Física, en calidade de poñente, coa temática da influencia do Tai-Chi na condición física saudable. Practica artes marciais dende 1970 e é cinto negro 5º dan de WuShu e Tai-Chi. Complementou os seus coñecementos no Mosteiro Shaolín e na Universidade de Educación Física de Beijing, entre outros centros de formación. É, a súa vez, alumno e discípulo do gran mestre Fu Sheng Yuan, 5º xeración descendente directo do creador do estilo Yang de Tai-Chi, Yang Lu Chan.
Salón de Actos, entrada libre ata completar a capacidade da sala.