Evento: Canta o cuco

Canta o cuco
venres, 22 xullo, 2016 - 21:00
Praza Rafael Dieste,
Rianxo

Canta o cuco

Espectáculo músico teatral infantil a cargo de Uxía e Magín Blanco

Arranxos e direción musical: Santi Cribeiro e Uxía

Guillerme Fernandez: guitarra, baixo e programacións

Santi Cribeiro: acordeón e teclado

Magín Blanco: voz e guitarra

Uxía: voz e percusión

 

O poeta-labrego da terra chá desde a ollada de dous experimentados creadores vencellados a música infantil.  Unha visión contemporánea dos versos de Manuel María para as nenas e os nenos do século XXI, con moitas posibilidades de acompañar o traballo con unidades didácticas onde a transversalidade incide directamente en varias materias: música, literatura, lingoa, historia, coñecemento do medio, debuxo, etc.

 

Unha globalidade de ritmos e estilos musicais para vestir os versos de Manuel María que abrangue  desde a música tradicional propia ata os universos próximos do pop e o rock pasando polos aromas da canción de autor ou os aires latinoamericanos do tango e o son cubano. Os poemas escollidos son unha escolma dos seus libros de poemas para nen@s: ‘A s rúas do vento ceibe’ e ‘Os soños na gaiola’ e de ‘Terra Chá’ e ‘Os lonxes do solpor’, mais unha creación propia: ‘Todo me fala de ti’, onde dialogan co universo do poeta e a súa rica e complexa personalidade. 

Nos poemas recitados procúrase dar unha visión máis xeral dos temas que el vivía con paixón:o espazo vital, a terra, a lingua e a identidade. 

 

O título: CANTA O CUCO Manuel María por Magin e Uxía fai alusión ao canto do paxaro como símbolo de confianza no futuro, vínculo de compromiso e espertar a enerxía da natureza e a terra: “O ciclo da natureza que se reencontra consigo mesma, a música das esferas"  Como contrapunto, aparecen os poemas de ‘As rúas do vento ceibe’ que nos achega ao mundo urbano resaltando os seus valores mais sen deixar de cuestionar as súas eivas. 

 

 

   

Máis eventos de tipo Espectáculo

Mans
19 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Contando números, cantando cores
26 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Caderno de cores e cancións
9 de maio
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A burra, a mesa e o pau
6 de marzo a 20 de abril
Rúa Nova, 34