Evento: A burra, a mesa e o pau

A burra, a mesa e o pau
xoves, 6 marzo, 2025 a domingo, 20 abril, 2025
Rúa Nova, 34,
Santiago de Compostela

A burra, a mesa e o pau

Este é o conto de fadas dunha familia obreira galega naqueles tempos nos que era máis doado crerlles os contos ás avoas que as promesas aos patróns.

ando o lobo comía verzas e as vacas miañaban había casas nas que soñaban as crianzas con mesas que, só con mandarllo, se cubrían de manxares; ou burras que levantaban o rabo e cagaban ouro a moreas se sabías o que había que dicirlles nas orellotas: Briclebrit!
Éticapeleticapeluda!
Mentres tanto na mesma mesa da cociña, e a uns céntimos a peza, as súas nais cosían petos e botóns, bordaban moedeiros para fóra ou ensamblaban xoguetes. E contaban por milésima vez aquilo de cando as ras tiñan pelo e as galiñas barbas houbo un xastre con tres fillos e unha única cabra...
As obreiras, nais das futuras obreiras, tenden o pan con chocolate e énchense de dicirlles hai que traballar para vivir e tamén isto era un rei que tiña tres princesas, pechounas en tres artesas e botounas ao mar. Vólvocho contar?
Pero que sucede cando o traballo invade a mesa da cociña e a vida doméstica coma un gramón de raíz ávida e a mesiña dos manxares rompe e a burra escapa axitando as orellotas e hai que andar atraéndoa con astucias e cenorias? Outro conto terá que comezar...
Pois este é o conto de fadas dunha familia obreira galega naqueles tempos nos que era máis doado crerlles os contos ás avoas que as promesas aos patróns.
 

Máis eventos de tipo Espectáculo

Os nomes íntimos
21 de marzo
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Chocolate
28 de marzo
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Luppo
30 de marzo
Pazo da Cultura
Extra terrestre
15 de marzo
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel