Evento: Visitas Astronómicas 2016
Visitas Astronómicas 2016
Este verán volve un clásico da Cidade da Cultura: o observatorio do ceo no alto do Gaiás. Descobre a maxia das estrelas e as noites de Compostela no complexo deseñado por Peter Eisenman. A través de telescopios e prismáticos, e seguindo as explicacións técnicas dos monitores do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, os participantes observarán a lúa, planetas, estrelas dobres, nebulosas…
Ademais, coa axuda dun planisferio, aprenderán a identificar as constelacións a simple vista e poderán participar na Noite das Perseidas, para gozar a noite do 12 de agosto das ‘Bágoas de San Lourenzo’. Unha oportunidade única de coñecer a cara menos coñecida e máis misteriosa da Cidade da Cultura.
+ info e inscricións: http://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/visitas-astronomicas-2016
Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro