Evento: Roldas pola paisaxe organística

Roldas pola paisaxe organística
sábado, 17 setembro, 2016 - 10:45
Sarria, Samos e O Cebreiro,
Sarria

Roldas pola paisaxe organística

Visitar os órganos que se atopan ao longo da primeira etapa do Camiño Francés a súa entrada en Galicia

As roldas pola paisaxe organística galega proseguen a súa andaina, na súa quinta edición de Espazos Sonoros, para visitar os órganos que se atopan ao longo da primeira etapa do Camiño Francés á súa entrada en Galicia, desde O Cebreiro ata Sarria, pasando por Samos. Trátase dos órganos do convento da Magdalena de Sarria, da importante abadía de Samos e da igrexa de Santa María a Real do Cebreiro. Cada un deles é un espazo que hoxe ten diferente carácter e uso: convento mercedario e colexio o primeiro, mosteiro cisterciense o segundo, e santuario con categoría de parroquia, o terceiro. Porén, todos eles, conectados polo fío do Camiño de Santiago, teñen unha orixe máis ou menos similar como fundacións monásticas, un carácter que na actualidade só conserva realmente Samos. Tamén os tres tiveron desde a súa fundación unha clara vocación hospitalaria, que aínda hoxe preservan.

A xornada rematará, como é habitual, cun concerto, neste caso de órgano e conxunto vocal, na igrexa de Santa María do Cebreiro, a cargo do coro Solo Voces e do organista Adrián Regueiro.

Programa da visita:
10.45 h Xuntanza no mosteiro de Santa María Magdalena de Sarria. Charla contextualizadora da xornada e visita ao órgano
11.45 h Saída cara ao mosteiro de San Xulián de Samos
12.30 h Chegada a Samos, visita guiada polo mosteiro e visita guiada ao órgano
14.00 h Xantar libre
16.30 h Visita ao órgano do Cebreiro
17.30 h Concerto do coro Solo Voces e Adrián Regueiro

Capacidade máxima: 60 persoas
Lugar de encontro: mosteiro de Santa María Magdalena de Sarria
Inscrición: do 3 ao 14 de setembro en actividades@espazossonoros.org
Público: para todos os públicos

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

Visitas guiadas
15 de outubro a 3 de xuño
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense