Evento: Visita guiada polo Pazo de Mariñán

Visita guiada polo Pazo de Mariñán
sábado, 15 outubro, 2016 - 16:30
Pazo de Mariñán,
Bergondo

Visita guiada polo Pazo de Mariñán

Coñecer as instalacións, a colección artística e os fermosos exteriores e xardíns

Como complemento ao concerto do tenor Wilfried Rogl e o Ensemble Rosarum Flores sobre as músicas arredor de Shakespeare, teremos oportunidade de visitar as instalacións do pazo de Mariñán e facer
un percorrido guiado polas dependencias da parte antiga do edificio. Tamén poderemos gozar da colección artística do pazo pertencente á Deputación da Coruña, que inclúe obras de autores galegos
desde o século XIX aos nosos días.

O percorrido para Espazos Sonoros inclúe, ademais, en visita libre, un paseo polos diferentes elementos e espazos dos fermosísimos exteriores e xardíns nos que podemos atopar fontes, camelias, roseiras, buxos de complicadas xeometrías, glorietas, árbores exóticas (entre elas os primeiros eucaliptos que chegaron a Galicia da man de frei Rosendo Salvado), unha pequena fraga, ademais
das espectaculares vistas sobre a ría de Betanzos.

Hora: 16.30 h (para as visitas ao interior organizaranse varias quendas)
Capacidade máxima: 70 persoas
Inscrición: do 1 ao 12 de outubro en actividades@espazossonoros.org

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

Visitas guiadas MAPOUR
Visitas guiadas
15 de outubro a 3 de xuño
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
O Día das Letras Galegas e Compostela
16 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal