Evento: Menú da noite
Menú da noite
venres, 9 febreiro, 2018 - 20:45
Auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo,
Arteixo Menú da noite
O novo espectáculo de Carlos Blanco
Luis Davila e Carlos Blanco deixan (momentaneamente) a saia escocesa e póñense esmoquin para sachar como é debido.
E ata cociñan caldo en directo.
Literalmente.
O debuxante de Bueu e o actor arousán combinan novamente inxenios e artes para atopar o cóctel perfecto.
Desta volta viaxan a Broadway.
Cos sachos, claro.
E bailan (?) claqué e todo.
Animación incluída.
Un xoguete escénico, un traballo a dúo onde a comedia ten finalmente a cobertura visual que nunca tivo.
Con música de Budiño e Kepa Kunquera.
Risas aseguradas (e debuxadas).
Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

30 de abril, 20:30
Teatro Rosalía Castro - A Coruña - A Coruña

2 de maio, 20:00
Centro Social Abanqueiro - Boiro - A Coruña

2 de maio, 20:00
Auditorio Municipal - Vilagarcía de Arousa - Pontevedra

2 de maio, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo