Evento: Ecosistemas dunares do litoral galego

  • Presentación dos ecosistemas dunares no litoral galego
Ecosistemas dunares do litoral galego
xoves, 3 novembro, 2016 a martes, 22 novembro, 2016
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña

Ecosistemas dunares do litoral galego

Exposición científica e divulgativa do CEIDA

Esta exposición, producida pola Federación Ecoloxista Galega (FEG), é unha ferramenta didáctica orientada ao coñecemento e protección dos ecosistemas dunares galegos. Estes ecosistemas amosan unhas características ecolóxicas moi fráxiles e específicas e forman unha paisaxe moi valiosa dentro do noso patrimonio.

O litoral está a sufrir, dende hai décadas, moitos impactos: verquidos, recheos, urbanizacións, etc. As dunas, pola súa proximidade ás praias, foron empregadas como aparcadoiros, paseos marítimos… Hoxe é preciso educar para acadar un equilibrio sostible entre desfrute e conservación do medio.

Con esta exposición preténdese fomentar a participación activa da poboación, no coñecemento, observación e na conservación do noso entorno, ademáis de analizar as consecuencias transformadoras das actividades humanas no medio. Tamén é unha ferramenta de traballo para divulgar os valores naturais dos ecosistemas dunares e coñecer a orixe e dinámica das dunas.

Máis eventos de tipo Exposición

XVIII Premio de Novela Casino de Santiago
2 de xullo a 30 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Do soño á apocalipse. Os vieiros da literatura fantástica en galego
31 de outubro a 18 de maio
Lugar de la Ciudad de la Cultura