Evento: A nena que quería navegar
A nena que quería navegar
Sinopse: A Nena está farta de ser o centro das mofas dos seus compañeiros, e por iso foxe da escola coa intención de non volver nunca máis. Na súa aventura topará co Xeadeiro, un ser máxico e vital, que a base de contos, adiviñanzas, xogos e cancións, devolveralle a autoestima perdida. Ensinaralle que dentro de cada un de nós agóchase un ser máxico, único e especial, e que só crendo nas nosas capacidades seremos quen de acadar todo o que nos propoñamos.
Protagonizada por Guillermo Carbajo, Laura Míguez e Carlos Álvarez-Ossorio, a montaxe dirixida por Álex Sampayo é un espectaculo familiar recomendado para rapaces e rapazas entre seis e doce anos.
Nel Redrum aborda o tema do acoso escolar, tamén coñecido co termo anglosaxón “bullying”.
Máis información, aquí.
Espectáculo familiar dentro da Rede galega de teatros e auditorios.
Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios


