Evento: Chincha Rabincha
Chincha Rabincha
Chincha Rabincha
Espectáculo de teatro infantil da compañía a A Xanela do Maxín
Autora e directora: Celtia Figueiras
Actor manipulador:Luis Vallecillo
Chincha Rabincha é un espectáculo orixinal no que se trata o medo como tema central pero no que tamén se fomenta a seguridade nun mesmo e valores tan fundamentais como o respecto, a tolerancia ou a paz, nun espazo onde a imaxinación e o enxeño son as ferramentas que se utilizan para recuperar a pizarra dos soños do "Bruxo Soñabán".
Pizarra que lle foi arrebatada polo cruel Rabincha, que hipnotizou a un simpático paiaso para tan malvado fin. O que Rabincha non se esperaba e que o Bruxo Soñabán e o seu sobriño Marcelo ían contar coa axuda dos nenos e nenas para recuperar esa pizarra e darlle un bo escarmento.
Ligazóns