Evento: Paco Ibáñez

Paco Ibáñez
xoves, 20 abril, 2017 - 21:00
Teatro Jofre,
Ferrol

Paco Ibáñez

Concerto dentro da programación da Semana da poesía salvaxe

Vestido de negro, guitarra en man e rodeado de excelentes músicos, sobre un escenario de bela e sobria escenografía, Paco Ibáñez regala cancións de amor, de puro existencialismo, de loita e resistencia, envolvidas nos ritmos dos instrumentos e a forza da poesía. A súa voz abre para todos e todas unha porta misteriosa e secreta, a silenciosa e cegadora entrada cara á poesía.

Concerto dentro da programación da Semana de poesía salvaxe de Ferrol