Evento: Festival de Cans 2017
Festival de Cans 2017
Cans é un festival de curtametraxes de produción galega, onde a música tamén xoga un papel moi relevante. Durante o festival, a aldea transfórmase completamente. Hai dez espazos que se converten en salas de proxección, e que durante o ano son adegas, alpendres, jalpóns, baixos de casas ou casas vellas deshabitadas. Outros espazos, como placas de casas en construción, galiñeiros, camións ou leiras convértense en lugares para actuacións musicais e actividades paralelas. E a xente trasládase frenéticamente dun lado a outro en chimpín -os pequenos tractores domésticos- como se estivesen vivindo nun filme de Kusturica. Hai curtas de ficción, de animación, documentais, concurso de videoclips ou webseries. A creación galega máis emerxente pasa por Cans, que se converte na gran plataforma de visibilidade dos novos creadores.
Na edición deste ano hai 107 pezas audiovisuais e máis de 25 actuacións musicais con Uxía, Corizonas, Terbutalina, Familia Caamgano, Eladio y los seres queridos, León Benavente, Adrián Costa & The Criers, Roger de Flor e Os Silvestres,Cora Sayers, Os Carunchos, Electric Feels,Escuchando Elefantes, DJ Edu Romero, DJ Nicolás Pastoriza, etc.
Máis información: http://www.festivaldecans.gal/
Máis eventos de tipo Festival