Evento: Os morcegos de Santa María de Pesqueiras

Os morcegos de Santa María de Pesqueiras
sábado, 12 agosto, 2017 - 11:00
Santa María de Pesqueiras,
Chantada

Os morcegos de Santa María de Pesqueiras

Andaina para coñecer o actractivo da arquitectura románica da igrexa e outro ben protexido: os morcegos de Galicia

A igrexa de Santa María de Pesqueiras constitúe un exemplo de conservación compartida entre o patrimonio cultural e o patrimonio natural. No curso da restauración da pintura mural do presbiterio, constatouse que a igrexa se convertera no fogar de centos de morcegos que aniñan no teito da nave. Ao ser unha especie protexida, e coa particularidade de que a igrexa non ten culto, decidiuse que era posible compartir o espazo, de xeito que un gran pano de malla fina separa as pinturas murais do resto da igrexa.
 

MONUMENTA DIVULGA: A igrexa de Santa María de Pesqueiras atópase á beira do camiño medieval de Belesar a Chantada, no medio dun bosque de castiñeiros e carballos centenarios que crea unha contorna propia, territorial e natural. As pinturas murais conservadas no presbiterio, realizadas no século xvi, onde se representa a anunciación a María, a resurrección de Cristo e o xuízo final están consideradas unhas das máis fermosas de toda a Ribeira Sacra. Pero, ademais, ao atractivo da arquitectura románica da igrexa e das súas pinturas murais únese o interese pola vida dunha colonia de morcegos aos que nos achegaremos neste extraordinario exemplo de convivencia arredor dun Ben de Interese Cultural e doutro ben protexido: os morcegos en Galicia, a súa importancia na dinámica dos ecosistemas  e a vulnerabilidade das súas poboacións.
 

CAMIÑANTES CONVIDADOS: María Abuín Fernández, da  empresa Máis que Románico,  que realiza visitas guiadas e rutas na Ribeira Sacra. Marta Becerro Manso, da empresa Tomos, restauradora especialista en pintura. Roberto Hermida, da asociación Drosera para o Estudo e Conservación do Medio Natural, bo coñecedor da vida dos morcegos. 

ANDAINA

Hora de saída: 11.00 h

Hora de regreso  estimada: 14.00 h

Distancia: 3 quilómetros

 Dificultade: baixa

Público destinatario: actividade axeitada para todos os públicos.

Inscrición previa: prazas limitadas a 125 persoas.

Imprescindible inscrición, do 03 de agosto ao 10 de agosto, na web: http://monumentagalicia.com.

Admisión por orde de inscrición.

Máis: info@sinsalaudio.org  e no teléfono 619 637 211.

 

Descargas

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

Visitas guiadas
15 de outubro a 3 de xuño
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
A música en Ourense
21 de febreiro
Biblioteca Pública de Ourense