Evento: Feira do Pemento de Oímbra

Feira do Pemento de Oímbra
domingo, 4 agosto, 2024 - 11:00
Oímbra,
Oímbra

Feira do Pemento de Oímbra

Festa de Interese Turístico

Outra especialidade da horta galega, o pemento branco de Oímbra (Ourense), ten tamén a súa exaltación gastronómica e o seu recoñecemento como festa de interese turístico galego. Unha comida popular na Carballeira, o primeiro domingo de agosto, é o evento estrela do labor de promoción do pemento branco. Nos últimos anos está conquistando os mercados galegos e é sinal de identidade desta localidade da comarca de Monterrei. A festa leva celebrándose desde 1997 e atrae cada ano unhas 4.000 persoas.Aínda que o maior atractivo da feira é o momento da comida, na que veciños e visitantes degustan tanto pementos brancos como carne, empanada ou polbo, o ambiente está animado desde primeiras horas, con concursos de pratos elaborados con pemento branco, degustacións gratuítas de pementos, expositores de venda de produtos artesáns, do campo e ferramentas agrícolas, actuacións folclóricas e incluso inchables para os nenos e nenas.

Destacado:
Comida popular na carpa instalada na Carballeira.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Belén Artesanal en Movemento
1 de decembro a 12 de xaneiro
Campaña (Santa Cristina)
Belén Electrónico
20 de decembro a 6 de xaneiro
Begonte (San Pedro)
Nadal na Praza Roxa
29 de novembro a 7 de xaneiro
Praza Roxa, s/n
Nadal na Alameda
29 de novembro a 7 de xaneiro
Rúa do Campiño da Ferradura