Evento: Festival Armadiña Rock

Festival Armadiña Rock
venres, 24 agosto, 2018 a domingo, 26 agosto, 2018
Combarro,
Poio

Festival Armadiña Rock

Fin de semana en Combarro con actuacións de rock e outras actividades

O festival de música rock ten lugar entre o 24 e o 26 de agosto na Praza da Chousa de Combarro. Ademais durante eses días poderase gozar de diferentes actuacións en diferentes emprazamentos do pobo, para que os asistentes coñezan a zona antiga do lugar. A entrada é completamente gratuíta xa que se desenvolve entre as rúas do pobo e existe a posibilidade, con previo aviso, de acampar libremente nunha zona habilitada preto da ría.

A última confirmación de artistas ao evento é A Banda da Loba, integrada por cinco mulleres que decidiron unir as súas traxectorias individuais para dar voz a un novo proxecto. No seu repertorio destacan a creación de letras propias e as musicalizacións de poetas como Celso Emilio ou Manuel María, ou outros textos tomados dos poemarios de poetas máis novas como Rosalía Fernández Rial ou Celia Parra.

Complementando o programa musical, durante a última semana de agosto en Combarro haberá diferentes actividades culturais para todos os públicos.

A programación completa pode consultarse no web e Facebook do festival.

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos