Evento: Leilía - CONSentimento

  • Leilía
Leilía - CONSentimento
domingo, 13 agosto, 2017 - 23:00
Parque A Xunqueira,
Vilagarcía de Arousa

Leilía - CONSentimento

Leilía - CONSentimento

Máis de vinte anos despois do seu debut, Leilía volve sorprendernos cun espectáculo impecable, maduro e fiel ás súas raíces. Unha coidadísima posta en escena e unha orixinal instrumentación sitúan a CONsentimento entre as propostas máis interesantes da música de raíz actual. Coa inestimable colaboración do músico e arranxista compostelán Xoán Porto, propoñen neste quinto traballo unha concepción musical acorde a unha nova realidade. Un disco no que apenas tres instrumentos: guitarra, acordeón e contrabaixo, abeiran á perfección a beleza do canto tradicional e os versos de varias das mellores poetas galegas da actualidade: Ana Romaní, Yolanda Castaño, Eva Moreda, Mariña Pérez, Eva Veiga, Ana Amado e Marilar Aleixandre. O deseño do espectáculo corre por conta doutro dos grandes profesionais da escena galega: Quico Cadaval.

Poderás cantar, rir, chorar e ata rematarás bailando (aínda que non sexa o teu) con CONsentimento.

Máis eventos de tipo Concerto

SUIT(E)
29 de abril
Avenida do Burgo das Nacións
Rata Blanca
30 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
El Drogas
2 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5