Evento: Mostra de Teatro Galego de Cariño
Mostra de Teatro Galego de Cariño
Mostra de Teatro Galego de Cariño
Varias xornadas para descubrir o máis recente teatro galego
Un ano máis, e xa van 39 desde que a mostra comezou en 1978, Cariño acolle unha nova edición da súa Mostra de Teatro Galego. A súa programación permitirá descubrir diferentes tipos de obras e conectar con diferentes tipos de público, xa que non só haberá teatro para adultos, senón tamén teatro para nenos, circo ou música.
As diferentes sesións son en varios puntos da cidade e algunhas son de balde. Para asistir ás funcións nocturnas, existe un bono de 20 euros.
Ligazóns