Evento: Herdeiras
Herdeiras
O vindeiro 23 de setembro ás 20 h. no Teatro Principal de Santiago de Compostela, terá lugar a estrea do espectáculo HERDEIRAS e a presentación do libro-CD de Carmen Penim. Neste concerto inclasificable tamén se proxectará a curtametraxe Bucle, que Margarita Ledo Andión fixo para Herdeiras.
Tres extraordinarias músicas (Carmen Gallego ao violín, Margarida Mariño ao violoncello e Marta Figueiredo na percusión), a bailarina Xiana Vilas, e mais o pianista Maurizio Polsinelli, acompañarán a Carmen Penim no escenario. Con máis de 20 colaboradoras e colaboradores- con artigos, música, poesía e cine- este proxecto supón unha única homenaxe ás mulleres do período da guerra e a posguerra. Lembrando tamén ás mulleres que hoxe no mundo se atopan en situacións similares, chamando á unión e á esperanza, resaltando a súa condición de herdeiras e herdeiros desa forza e valor das mulleres humildes, que foron heroínas anónimas, represaliadas ás veces só por defender dereitos sociais e feministas esenciais.
Máis eventos de tipo Espectáculo