Evento: Festa da Castaña
Festa da Castaña
Festa da Castaña
Festa de Interese Turístico
Esta festividade ten lugar tradicionalmente no concello de Folgoso do Courel, alternativamente nas parroquias de Folgoso do Courel e de Seoane do Courel, e celébrase a comezos do mes de novembro desde o ano 1986.
As xentes da comarca reúnense para degustar castañas asadas e viño acompañados por actuacións musicais da banda de gaitas e por outras actuacións e actividades como exposicións de artesanía, celebracións relixiosas ou tamén degustacións de produtos derivados da castaña ou que teñen ás castañas como ingrediente principal.
Ligazóns
Máis eventos de tipo Festa/Feira popular