Evento: Un vermú por Vindel

  • Un vermú por Vindel
Un vermú por Vindel
sábado, 18 novembro, 2017 - 12:00
Sala de exposicións Amalia Domínguez Búa,
Bueu

Un vermú por Vindel

Conversas nas librarías arredor do Pergamiño Vindel

O ciclo Un vermú por Vindel achega ás librarías conversas entre libreiros, expertos e público en xeral. Coa figura de Pedro Vindel como referente, a secretaría xeral de Cultura ofrece a posibilidade de analizar o papel do libreiro como dinamizador cultural e mediador entre lectores e libros, así como de departir sobre as cantigas de Martín Códax, e os trobadores e o seu tempo.

A cita é os sábados, ás 12.00 horas.

  • 18 de novembro: Sala de exposicións Amalia Domínguez Búa (Bueu). O anfitrión vai ser o libreiro Fernando Miranda, propietario da Librería Miranda e a experta en temas medievais, a doutora en filoloxía Marina Arbor. Os interesados en asistir ao vermú poden apuntarse na Libraría Miranda.
  • 25 de novembro: Espacio Lector Nobel (Vigo). Con Marina Arbor como experta e a libreira Maribel Ferreiro como anfitrioa.
  • 2 de decembro: Librouro (Vigo). Co seu propietario Xurxo Patiño, e o catedrático de Lingua e Literatura Xosé Ramón Pena.
  • 9 de decembro: Prisma (Vigo).  Coa libreira Verónica Vázquez e o xornalista gastronómico Miguel Vila.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2024
30 de agosto
Salón de actos da Casa do Concello
Toponimízate 2024
6 de setembro
Casa da Cultura
Toponimízate 2024
13 de setembro
Casa da Cultura Castelao
Toponimízate 2024
20 de setembro
CPI Ramón Piñeiro