Evento: Teatro Mínimo Ambulante

  • Teatro Mínimo Ambulante
  • Teatro Mínimo Ambulante
Teatro Mínimo Ambulante
xoves, 14 decembro, 2017 - 18:30 a 22:00
Locales da rúa do Orzán,
A Coruña

Teatro Mínimo Ambulante

Representacións en varios establecementos da rúa do Orzán

O Teatro Mínimo de No Importa visita algúns dos establecementos da rúa do Orzán coa finalidade de dinamizar a área e facer promoción o teatro. Cada un dos locais ten programada unha obra en diferentes horarios (3 funcións cada peza). A venda de billetes estará centralizada na terraza do Ledicia café a partir das 18h. Pódese reservar con antelación no teléfono 687 139 139.

 

Programa



NOV sala de arte 18.30h | 19h | 19.30h

Rúa do Orzán, 200

Mujer en construcción

Dirección e Interpretación: Marta Mato

Duración aprox.: 15 minutos

Sinopse: Rebeca enfróntase, unha vez mais, á consulta do seu psiquiatra. Ten moitas cousas que ocultar e se sinte fóra de control. Desta vez, ademais, haberá outro problema: quen lle da vida tamén está fóra de control. Dúas mulleres que conflúen no mesmo punto. Unha invitación a facernos preguntas sobre nós mesmos.

 

LEDICIA café 19.30h | 20h | 20.30h

Rúa do Orzán, 178

La candidata de Carlota Dans

Dirección: Denisse Lozano

Interpretación: Ademar Silvoso e Iris Prinses

Duración aprox.: 20 minutos

Sinopse: Algunha vez te apuntaches a unha oferta de emprego cuns requisitos que non cumpres nin de lonxe? Natalia fíxoo, e conseguiu que a contrataran! Conseguirá tamén que non a despidan?

 

KETOLA eventos 20.30h | 21h | 21.30h

Rúa do Orzán, 180

A terraza de Manuel Lourenzo

Elsinor Teatro

Dirección: Manuel Lourenzo

Interpretación: Cristina Fuentes, Carme Martínez, Xulia Miguel e Xosé Martínez

Duración aprox.: 20 minutos

Sipnose: Nunha terraza con vistas ao mar, dúas amigas esperan a chegada dunha terceira que vén de viaxar polas Illas Gregas. Casualmente un músico chama a atención da que acaba de chegar.

 

LA MALETA bar 20h | 21h | 22h

Rúa do Orzán, 170

Caixa de música (mise en scène) de Javier Sahuquillo

Molembir Teatro

Dirección: Carlos Colmenero

Interpretación: Jose Losada, Susana Abellán e Josafat José

Duración aprox.: 35 minutos

Sipnose: Dous sans coulottes, mentres agardan a súa grande actuación, farán repaso das súas vidas e os seus ideais. Que diría a Historia?

Máis eventos de tipo Espectáculo

Circo na biblioteca
14 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
O paxariño da miña xanela
26 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Hoxe toca...maxia!
27 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Son animal
27 de decembro
Biblioteca Pública de Lugo