Evento: Teatro Mínimo Ambulante
Teatro Mínimo Ambulante
O Teatro Mínimo de No Importa visita algúns dos establecementos da rúa do Orzán coa finalidade de dinamizar a área e facer promoción o teatro. Cada un dos locais ten programada unha obra en diferentes horarios (3 funcións cada peza). A venda de billetes estará centralizada na terraza do Ledicia café a partir das 18h. Pódese reservar con antelación no teléfono 687 139 139.
Programa
NOV sala de arte 18.30h | 19h | 19.30h
Rúa do Orzán, 200
Mujer en construcción
Dirección e Interpretación: Marta Mato
Duración aprox.: 15 minutos
Sinopse: Rebeca enfróntase, unha vez mais, á consulta do seu psiquiatra. Ten moitas cousas que ocultar e se sinte fóra de control. Desta vez, ademais, haberá outro problema: quen lle da vida tamén está fóra de control. Dúas mulleres que conflúen no mesmo punto. Unha invitación a facernos preguntas sobre nós mesmos.
LEDICIA café 19.30h | 20h | 20.30h
Rúa do Orzán, 178
La candidata de Carlota Dans
Dirección: Denisse Lozano
Interpretación: Ademar Silvoso e Iris Prinses
Duración aprox.: 20 minutos
Sinopse: Algunha vez te apuntaches a unha oferta de emprego cuns requisitos que non cumpres nin de lonxe? Natalia fíxoo, e conseguiu que a contrataran! Conseguirá tamén que non a despidan?
KETOLA eventos 20.30h | 21h | 21.30h
Rúa do Orzán, 180
A terraza de Manuel Lourenzo
Elsinor Teatro
Dirección: Manuel Lourenzo
Interpretación: Cristina Fuentes, Carme Martínez, Xulia Miguel e Xosé Martínez
Duración aprox.: 20 minutos
Sipnose: Nunha terraza con vistas ao mar, dúas amigas esperan a chegada dunha terceira que vén de viaxar polas Illas Gregas. Casualmente un músico chama a atención da que acaba de chegar.
LA MALETA bar 20h | 21h | 22h
Rúa do Orzán, 170
Caixa de música (mise en scène) de Javier Sahuquillo
Molembir Teatro
Dirección: Carlos Colmenero
Interpretación: Jose Losada, Susana Abellán e Josafat José
Duración aprox.: 35 minutos
Sipnose: Dous sans coulottes, mentres agardan a súa grande actuación, farán repaso das súas vidas e os seus ideais. Que diría a Historia?
Máis eventos de tipo Espectáculo