Evento: Yann Tiersen

  • Yann Tiersen
Yann Tiersen
mércores, 14 marzo, 2018 - 21:30
Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo,
Vigo

Yann Tiersen

Xira polo seu último álbum

O pianista galo ofrecerá unha gala no formato preferido por todos os seus seguidores, un concerto íntimo no que poderán gozar de cada detalle das súas pezas. 

Acompañado unicamente do seu inseparable piano e violín, o brillante multinstrumentista repasará un repertorio que o levou a ser considerado un dos músicos máis respectados da súa xeración.

Esta xira é a máis exitosa da súa carreira, e esgotou as entradas en recintos do calibre do Royal Albert Hall e o Barbican Centre de Londres, a Triennale de Milán, o Sydney Opera House ou o Palau da Música de Barcelona.

O pianista é autor de tres bandas sonoras: Amélie (coa que se fixo famoso mundialmente), Goodbye Lenin!Tabarly, ademais dunha discografía que conta xa con doce títulos.

Este último álbum está formado por dez composicións para piano, onde as cancións foron nacendo en distintos lugares da illa de Ushant. As partes de piano foron rexistradas nos míticos estudos Abbey Road de Londres.

Máis eventos de tipo Concerto

SUIT(E)
29 de abril
Avenida do Burgo das Nacións
Rata Blanca
30 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
El Drogas
2 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5