Evento: Variacións sobre Martín Codax

Variacións sobre Martín Codax
venres, 2 febreiro, 2018 - 20:30
Museo do Mar de Galicia,
Vigo

Variacións sobre Martín Codax

Concerto do grupo Ulobit

Variacións sobre Martín Códax é unha residencia artística multidisciplinar para a re-composición musical das sete cantigas de Martín Códax contidas no Pergamiño Vindel, con motivo da súa estanza no Museo do Mar de Galicia en Vigo. O resultado desta residencia, dirixida polo trío Ulobit, se achegará ao público nun concerto no mesmo museo, que mesturará música, canción, danza e vídeo.

Un espectáculo inmersivo, no que o trío Ulobit colabora con catro artistas convidados: a bailarina Ánxela Blanco, a cantante Alba María, a percusionista Lucía Martínez e o clarinetista Fernando Abreu. O resultado é unha actualización á linguaxe representativa e musical moderna dos textos e melodías contidos no documento. 

Máis eventos de tipo Concerto

A trompa non só é cousa de elefantes
18 de outubro
Teatro Municipal
Concerto de Gloria Pavía e Rafa Morales
18 de outubro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal