Evento: As cantigas de Martín Códax no Pergamiño Vindel
As cantigas de Martín Códax no Pergamiño Vindel
O departamento de Música Antiga do Conservatorio Superior de Música de Vigo interpreta As cantigas de Martín Códax no Pergamiño Vindel. O programa presenta unha recreación musical das sete cantigas de amigo de Martín Códax, a partir da información recollida no Pergamiño Vindel, e acompáñase de breves introducións explicativas.
Os instrumentos que se tocarán no concerto están documentados na música medieval galega. Todos eles aparecen representados, directamente ou nalgunha das súas variantes, no Pórtico da Gloria da catedral compostelá ou nas miniaturas das Cantigas Alfonsís. Tanto os instrumentos escollidos como o seu tratamento musical tentan dar unha aproximación historicamente informada e coherente no estilo co contexto e o sentido deste excepcional repertorio.
Os intérpretes neste concerto son Esperanza Mara na voz; Sara Ruíz, fídula; Rebeca Carrera, zanfona; Rafael Muñoz, oud e Carlos Castro, percusión e salterio.
O concerto, que se realiza na sala da lonxa do reloxo, é de balde ata completar un aforo de 250 persoas.
Máis eventos de tipo Concerto