Evento: Día de Rosalía 2018

  • Día de Rosalía 2018
Día de Rosalía 2018
venres, 23 febreiro, 2018 - 12:30
Espolón de Padrón e rúas da localidade,
Padrón

Día de Rosalía 2018

Lembrando a Rosalía de Castro no seu aniversario

O 24 de febreiro Rosalía de Castro está de aniversario, unha xornada a celebrar festexando á autora. A Fundación Rosalía de Castro conta cun programa de actividades previstas para a xornada e para o día que a precede. 

 

Programa de actividades

 

23 de febreiro

12.30. Padrón. Acto escolar de homenaxe a Rosalía no Espolón de Padrón e inicio polas rúas do “Caldo de Gloria”, con entrega de premios aos escaparates alusivos e a estrea dun vídeo sobre o tema.

20.30. A Coruña. Gala Rosalía de Castro no Teatro Colón. Diferentes artistas renderán tributo á poetisa galega máis grande de todos os tempos. Abe Rábade xunto con Natasia Zürcher, Najla Shami, Uxía con Serxio Tannus e Santi Cribeiro, Xiana Lastra con Andrea Porto e Tempo Catro transformarán en música os versos de Rosalía de Castro. Anxo Angueira, Cesáreo Sánchez Iglesias, Marta Dacosta e Rosalía Fernández Rial serán os encargados de recitar os poemas.

 

24 de febreiro

Santiago de Compostela 

11h. Alameda de Compostela: Ofrenda floral diante da Estatua de Rosalía

11.30. Capela do Hostal dos Reis Católicos: acto institucional. Ao final servirase o Caldo de Gloria.

Padrón 

18.30. Casa-Museo. Concerto de Trío Rosalía (piano, óboe e mezzo-soprano) no salón da Casa-Museo [entradas moi limitadas]

19.30. Caldo de Gloria para os asistentes na Casa-Museo preparado polo cociñeiro Pepe Solla.

 

Caldo de Gloria

Nesta edición, o día conta cunha actividade gastronómica, o chamado Caldo de Gloria, unha iniciativa inspirada no poema Miña casiña, meu lar no que a poeta explica como facer un caldo humilde. 

O Caldo de Gloria será servido na casa de Rosalía o mesmo día 24 e en establecementos hostaleiros de Padrón nesa xornada. Dende a Fundación Rosalía de Castro invitan a que calquera faga o mesmo caldo na casa (seguindo as instruccións do poema ou a receita publicada en 1905 por Picadillo) e a que os restaurantes de fóra de Padrón o inclúan na carta nesa xornada. Para que sexa algo máis que un prato de caldo invitan a que se comparta en redes sociais unha foto e, sobre todo, a que se lea un poema rosaliano trala comida. 

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 30 de setembro
Biblioteca Pública de Ourense
Centro de interese sobre xogos e divertimentos
3 de xuño a 30 de agosto
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Ler o mar: vacacións, turismo e lecer na literatura e no cine
10 de xuño a 9 de setembro
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Ludoteca de verán
25 de xuño a 9 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés