Evento: Feira do Libro
Feira do Libro
En seis meses as Feiras do Libro de Galicia percorrerán, na súa edición para 2018, 16 concellos galegos. Será entre o 16 de marzo e ata o 25 de agosto e visitarán Sanxenxo, Verín, Ferrol, Santiago de Compostela, O Porriño, Lugo, Ourense, Redondela, Ribeira, Vigo, Rianxo, Ponteareas, A Coruña, Viveiro, Foz e Monforte de Lemos.
As feiras do libro permiten que a cidadanía se achegue ao libro e que entre en contacto directo cos seus autoras e autores favoritos da literatura galega, que participarán en actos de presentación e sinaturas de libros. Estas serán algunhas das actividades coas que cada unha das feiras completará o seu calendario no que, por suposto, a actividade protagonista será a de mercar libros e adentrarse na lectura.
Máis eventos de tipo Xornada/Congreso