Evento: Festa dos Maios

Festa dos Maios
domingo, 5 maio, 2019 - 00:00
varios espazos,
Ourense

Festa dos Maios

Celebración dun concurso de Maios e Coplas

En épocas remotas, os galegos celebraban a chegada da primavera e o remate do inverno e propiciaban deste xeito a obtención de boas colleitas.

Nos tempos actuais, as festas dos maios son a última manifestación folclórica que festexa en Galicia o final do inverno. Constrúense figuras con elementos naturais, como musgo, flores silvestres, ovos, paus e arredor delas cántanse, con acompañamento de paus, coplas e cancións irónicas e críticas con feitos ou personaxes de actualidade. En Ourense, convócase todos os anos un Concurso de Maios e Coplas no que participan todo tipo de grupos e colectivos sociais e culturais.

Os maios ourensáns son construcións figurativas, enxebres (entre os que dominan os de forma cónica ou piramidal, feitos con armazóns de varas ou canas, recubertos con plantas e decorados con laranxas bravas ou ovos) ou artísticas (máis modernos, representacións de monumentos, hórreos, barcos, actividades cotiás...). Estes maios son portados en andas polos seus creadores entre centos de persoas que participan da festa e pódense contemplar na Alameda do Concello.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Belén Artesanal en Movemento
1 de decembro a 12 de xaneiro
Campaña (Santa Cristina)
Belén Electrónico
20 de decembro a 6 de xaneiro
Begonte (San Pedro)
Nadal na Praza Roxa
29 de novembro a 7 de xaneiro
Praza Roxa, s/n
Nadal na Alameda
29 de novembro a 7 de xaneiro
Rúa do Campiño da Ferradura