Evento: Contos de medo que deixan durmir

Contos de medo que deixan durmir
venres, 23 agosto, 2024 - 20:00
Área recreativa de Gontán,
Abadín

Contos de medo que deixan durmir

Espectáculo a cargo de Caxoto

Galicia somos unha potencia na creación de contos do paranormal. Para iso soubemos dotarnos dun amplo elenco de persoaxes sinistras que percorren pola noite os nosos camiños: A Santa Compaña, a Morte, as meigas, o Sacaúntos, o Lobisome, os tronantes, as mouras, ... Neste espectáculo achegámonos á nosa esencia máis escura para poñerlle un chisco de luz e achegala as nenas e nenos de todas as idades sen que iso lles quite o sono.

Un espectáculo para rirse do medo e deixarse levar ao embruxamento das antigas lareiras e difrutar dos contos de medo ... que deixan durmir. 

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

O último que apague a luz
18 de xullo, 20:00
Praza do Concello - O Pino - A Coruña
A vida tola de Pajarito
18 de xullo, 20:00
Praia de Tapia - Ames - A Coruña
Concerto
18 de xullo, 21:00
Praza do Calvario - O Rosal - Pontevedra
Coser e contar
19 de xullo, 11:00
CEIP Pío Cabanillas Gallas - Dozón - Pontevedra