Evento: Gran Premio de Carrilanas de Esteiro
Gran Premio de Carrilanas de Esteiro
O Gran Prix de Carrilanas de Esteiro fusiona a tradición coa velocidade, a cultura co ocio, a artesanía co espectáculo. Trátase da auténtica Fórmula 1 Galega.
A carrilana pasou de ser o xoguete tradicional da posguerra a converterse nun bólido de madeira único no mundo, para nenos e maiores pero sempre de madeira. A tradición dos artesáns esteiráns, levou ao pobo de Esteiro desde o ano 1988 a coidar con mimo e ilusión estas obras de arte sen motor, que percorren os 3 km do circuíto Ramiro García “Gerente” na costa do Maio para o desfrute das 30.000 persoas que cada terceiro domingo de xullo visitan Esteiro.
Unha alternativa de ocio singular, enmarcada nunha contorna marítima de tranquilas praias (con zonas de acampada gratuítas) e zonas verdes perfectamente integradas nos espazos do evento.
Exposicións, música, gastronomía, espazos infantís, zonas de acampada...ademais de outras actividades que configuran unha programación para todos os públicos como o Festival das Carrilanas e o Proxecto Sentir a Carrilana para nenas e nenos con discapacidade visual. Un evento sen ánimo de lucro e de acceso gratuíto á toda a súa programación, que só pretende amosar e compartir co mundo a os valores da carrilana como motor cultural, social e económico da vila de Esteiro.
Destacado:
Á parte desta competición única no mundo de bólidos de madeira pódese visitar o Museo das Carrilanas.
Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

