Evento: Emilia Pardo Bazán e os Pazos de Ulloa

Emilia Pardo Bazán e os Pazos de Ulloa
sábado, 25 agosto, 2018 - 11:00
Igrexa de San Miguel de Coence,
Palas de Rei

Emilia Pardo Bazán e os Pazos de Ulloa

Actividade de Monumenta, andar con arte

Percorrerase un novo Camiño Real para coñecer o románico en Ulloa. Por unha desas vías secundarias do camiño xacobeo chegarase ata o castelo de Pambre. Os seus construtores son os Ulloa, unha das linaxes nobres galegas máis distinguidas dos últimos séculos do medievo, que o converteron no espazo principal da familia a finais do século XIV. O seu simbolismo traspasa o ámbito do particular para converterse nun dos emblemas da comarca e parte do escudo do propio municipio de Palas de Rei.

Ademáis escoitarase a Francisco Romualdo, un espléndido contacontos que, coa zanfona e o poderío máxico da súa voz, percorre Galicia cos cantos e romances de cego.

Cos camiñantes convidados Santiago Vázquez Collazo, arqueólogo e o Instituto de Estudos Ulloáns.

Prazas limitadas a 100 persoas. Inscrición do 20 ao 24 de agosto no web http://monumentagalicia.com/

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

Visitas guiadas MAPOUR
Visitas guiadas
15 de outubro a 3 de xuño
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
O Día das Letras Galegas e Compostela
16 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal