Evento: Poesía e Mar

Poesía e Mar
sábado, 10 novembro, 2018 - 10:00
Estaleiro de Purro,
Bueu

Poesía e Mar

Obradoiros de poesía

Poesía e Mar é un ciclo de obradoiros que empregan o mar como nexo común para achegarse á poesía.  

O primeiro dos obradoiros terá lugar o sábado 20 de outubro na Capitanía Marítima de Baiona e estará impartido por Marta Dacosta; o segundo terá lugar o 27 de outubro no Museo da Salgadeira no Grove e correrá a cargo de Antonio García Teijeiro; e o terceiro será o 10 de novembro no Estaleiro de Purro de Bueu e será impartido por Miriam Ferradáns. 

Para participar nestes obradoiros, que son independentes entre si, as persoas interesadas deben inscribirse no enderezo oficina@aelg.org ou chamar ao teléfono 981 133 233 en horario de mañá. 

Máis eventos de tipo Obradoiro

Iniciación á escritura creativa
15 de xaneiro a 25 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
O xogo da estampa
28 de marzo a 26 de abril
Museo de Belas Artes
Obradoiro de cerámica castrexa
3 de maio
Museo do Castro de Viladonga