Evento: Filmoterapia. 100 películas inspiradoras
Filmoterapia. 100 películas inspiradoras
Filmoterapia. 100 películas inspiradoras
Presentación do libro e charla co autor, Jaime Burque
Jaime Burque leva practicando a filmoterapia dende 2004 na súa consulta de A Coruña. Incorpora o cine como ferramenta para chegar á esencia dos problemas das persoas pacientes. Longametraxes coma Qué bello es vivir, Billy Elliot ou Gran Torino convértense en aliados para entrar na mente da persoa.
Tras toda esta experiencia e grazas á súa afección ao sétimo arte, compilou un cento de títulos en Filmoterapia, 100 películas inspiradoras. Nel condensa o seu particular modo de ver o cine e a psicoloxía para espertar emocións e desenvolver o espírito crítico.
Máis eventos de tipo Xornada/Congreso