Evento: Festa do Magosto

  • Festa do Magosto en Ourense
Festa do Magosto
venres, 11 novembro, 2016 - 11:00
Ourense,
Ourense

Festa do Magosto

Declarada de interese turístico, ao redor das castañas a xente anímase a cantar e contar historias, contos e lendas

“Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto”, di o refrán. E en Ourense ségueno estritamente. Na súa orixe, o magosto era unha festa en torno ao lume e ás castañas asadas coa que os galegos honraban as colleitas. O lume da lareira nas frías noites de primeiros de novembro convidaba a compartir contos e lendas antigas. A noite é tamén o escenario dos magostos das cuadrillas, que facían lume ao ar libre e entre castañas, chourizos asados, viño tinto novo, cancións e contos continuaban unha tradición cuxos elementos, incluída a queimada final, son símbolos de vida e purificadores.

O carácter diferencial e o arraigo do magosto de Ourense, que ten lugar co gallo da festividade de San Martiño de Tours (padroeiro da cidade) converteuno en 2008 en festa de interese turístico de Galicia. O crepitar das castañas soa en toda a cidade, xa que a festa, popular e espontánea, se celebra en distintos barrios, no parque da Alameda e nos montes que a circundan.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Belén Artesanal en Movemento
30 de novembro a 11 de xaneiro
Campaña (Santa Cristina)
Belén Electrónico
20 de decembro a 31 de xaneiro
Begonte (San Pedro)
Festa do Botelo
17 de xaneiro
Varios espazos