Evento: Xuvenlugo

Xuvenlugo
venres, 20 decembro, 2019 a luns, 23 decembro, 2019
Pazo de Feiras e Congresos ,
Lugo

Xuvenlugo

Feira de ocio xuvenil

Outro ano máis toda a familia voltará a disfrutar en XuvenLugo con Quío o Esquío e todas as actividades que temos preparadas.

A feira de ocio xuvenil contará con diferentes actividades para os máis novos. O Salón do Ocio Infantil e Xuvenil vai  ter lugar no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo durante boa parte das datas de nadal e cun horario de 16:30 a 20:30.

 

A feira de lecer familiar que desde hai 22 anos se celebra na cidade de Lugo, ‘Xuvenlugo’, quedará inaugurada o próximo 5 de decembro no Pazo de Feiras e Congresos da capital lucense cunha xornada de portas abertas na que o acceso a todas as atraccións será gratuíto.

O xerente do Pazo de Feiras e Congresos, Rubén López, explicou durante a presentación de ‘Xuvenlugo’ que, como grandes novidades este ano, os participantes poderán gozar por primeira vez do “mellor rocódromo de España”, cuxa instalación finalizou recentemente no recinto, así como dun campionato de videoxogos de fútbol, que se organizou en colaboración co Club Deportivo Lugo, que milita na segunda división do fútbol español.

Rubén López, que estivo acompañado na presentación pola vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, asegurou que esta edición de ‘Xuvenlugo’ inclúe tantas actividades que é “imposible” que os nenos poidan gozar de todas elas nunha única xornada.

Ademais da xornada de portas abertas inaugural, haberá outro día no que as atraccións serán gratuítas para todos os nenos, concretamente o 13 de decembro, neste caso grazas á colaboración da Deputación Provincial de Lugo.

A entrada xenérica ao recinto, que conta con 11.000 metros cadrados dedicados ás diversas actividades de lecer que ofrece ‘Xuvenlugo’, custará seis euros por persoa, aínda que haberá descontos para grupos, municipios e asociacións con reserva anticipada.

 

O recinto inclúe unha sección dedicada exclusivamente aos nenos de 0 a 3 anos, tamén ludoteca, inchables, unha zona de xogos recreativos, atraccións mecánicas, unha pista de minigolf, outra de slot, unha pista multiaventura, o touro mecánico e o rocódromo, entre outros atractivos para os nenos.

 

Táboa de prezos:

O precio da entrada xenérica ao Salón de ocio é de 6€

Bono grupo (10 persoas por 50€, válido para un só día)

Entrada á pista de minigolf 1,5€

Toro mecánico 2€

Pista de slot 2€

Rocódromo 2€ (2 subidas)

Prezos para Concellos, Colexios e Asociacións faranse con reserva anticipada e para un mínimo de 15 persoas e a entrada terá un prezo de 4,50€

Papá Nöel en Xuvenlugo: durante Xuvenlugo os rapaces disfrutarán no Pazo da visita o día 23 de Decembro, de Papá Nöel para recoller as cartas dos nenos/as. Poñerase un photocall e atrezzo con motivos de Nadal para que os cativos e os seus acompañantes podan sacar fotografías.

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Real Filharmonía de Galicia. Temporada 2024-25
3 de outubro a 29 de maio
Avenida do Burgo das Nacións
Museo Etnográfico Liste de Vigo_programación de actividades primeiro trimestre de 2025
Programa de actividades do primeiro trimestre
1 de xaneiro a 20 de maio
Museo Liste Vigo
Música en familia para bebés
11 de marzo a 17 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola