Evento: Greg Izor + Bakin Blues Band
Greg Izor + Bakin Blues Band
Greg Izor é un artista completo, cunha voz prodixiosa, mestría consolidada comoarmonicista, cun ton potente e profundo, un fraseo absolutamente persoal e un groove equilibrado entre o respecto profundo á raíz e a orixinalidade. Un dos grandes armonicistas do momento, con estilo reconocible e ademais, fabuloso escritor de cancións.
Cunha longa carreira discográfica desde os seus inicios en Nova Orleans, desde que se estableceu en Austin en 2006 defende o seu terceiro álbum “13/14”, e o público vai poder gozar noutra das súas grandes fortalezas: un show en directo vibrante e enérxico que mantén ao público cos pelos de punta de inicio a fin…
Dende hai xa anos relaciónase nos festivais máis importantes de Estados Unidos como o King Biscuit, onde lidera a banda da lenda da guitarra de Texas Anson Fudenburgh, e de Europa (Bluescazorla, Cáceres Blues Festival, etc.) e é habitual da mítica sala Antone’s de Austin..
Bakin’ Blues Band comeza o seu camiño como formación de blues durante o 2008 en Santiago de Compostela. Dende ese momento, iníciase unha ininterrumpida sucesión de concertos tanto nos circuitos institucionales como en salas privadas.