Evento: Sonoro Maxín + Gatibu

Sonoro Maxín + Gatibu
sábado, 29 febreiro, 2020 - 22:00
Sala Rebullón,
Mos

Sonoro Maxín + Gatibu

O Sonoro Maxín nace no verán de 2007 a partir do reencontro de vellos amigos e coñecidos da música galega que formaban parte dos proxectos Lamatumbá e Cinnamon Gum.
Dende entón percorreron toda a xeografía galega e o Estado español - e tamén Portugal e Alemaña - con centos de concertos nos que puideron compartir escenario con grupos como Manu Chao & Radio Bemba Sound System, Shantel & Bucovina Club Orkestar, Syrano, Los Delinqüentes, La Troba Kung-Fú ou Che Sudaka.

Chegan á Rebullón compartindo escenario con Gatibu, dende Euskadi, que nos presentarán o seu útlimo disco “Azken Indioak”. No seu último disco, desmárcanse cun estilo sen complexos que vai dende o rock, ao pop, folk, ou country, facendo un traballo de autoconciencia que ten como obxectivo trasladar e expandir a súa música máis aló das fronteiras do País Vasco, tombando todos os prexuízos de que a utilización dun idioma minoritario poida converterse en impedimento de crecemento musical, e reivindicar con firmeza a universalidade da música.

Grazas polo voso traballo!

Máis eventos de tipo Concerto

Derby Motoreta’s Burrito Kachimba
25 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Tecendo afectos
26 de abril
Biblioteca Pública de Ourense
Carlangas
26 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5