Evento: Festa do Lacón con Grelos

Festa do Lacón con Grelos
sábado, 8 marzo, 2025 a domingo, 9 marzo, 2025
Varios espazos,
Cuntis

Festa do Lacón con Grelos

Festa de interese turístico

A vila de Cuntis celebra unha festa que combina a exaltación da gastronomía típica do inverno cos últimos días do Entroido, que nesta localidade pontevedresa simboliza o Enterro do Chapante.
A Festa do Lacón con Grelos de Cuntis é por iso algo máis que a posta en valor dun produto gastronómico, o lacón, galego por excelencia, que procede das extremidades dianteiras do porco. Desde os seus inicios, en 1998, serve para promocionar o seu rico patrimonio cultural e natural.
Deste xeito, desde hai uns anos contribúe á recuperación da tradición do Enterro do Chapante, sobrenome que reciben na comarca os orixinarios de Cuntis. Ao igual que os enterros da sardiña, a comitiva fúnebre chora a morte dunha personaxe, o chapante, que se queima ao final.
Así que, ademais de poder degustar o saboroso e nutritivo lacón con grelos (outro ingrediente básico da cociña tradicional galega), acompañado polas non menos tradicionais filloas (igualmente típicas nestas datas), na Festa do Lacón con grelos de Cuntis gózase do ambiente propio do Entroido, que adoita incluír unha representación do Alto dos Xenerais da Ulla.

Destacado:

O Enterro do Chapante.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Festa do Queixo de Arzúa
14 de marzo a 16 de marzo
Varios espazos
Festa do Ourizo de Cervo
15 de marzo
Praza dos Campos
Festa das Pepitas
18 de marzo
Varios espazos