Evento: O Marisquiño 2021

O Marisquiño 2021
venres, 6 agosto, 2021 a martes, 10 agosto, 2021
Varios espazos,
Vigo

O Marisquiño 2021

XX aniversario do festival que reúne múltiples disciplinas de deporte urbano e cultura urbana.

Os vinte anos de vida do festival conmemoraranse cun evento que aspira a converterse na mellor edición de toda a súa historia.

O Marisquiño transformouse nun evento que reúne múltiples disciplinas de deporte urbano (skate, BMX, Basket 3x3, Dirt Jump, etc) pero tamén aposta por traer a Vigo a grandes exemplos doutras disciplinas da cultura urbana como o break dance, o grafiti e a música.

Nestes momentos xa se pecharon os acordos coas cinco institucións públicas que apoian ao festival (Concello de Vigo, Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia, Porto de Vigo e Zona Franca), co que se demostra a implicación das diversas administracións públicas como patrocinadores necesarios dun evento que, xa hai tempo, transcendeu o ámbito local para proxectarse a nivel internacional.

O Marisquiño quere seguir sendo un axente importante para a atracción turística á cidade e a rexión. Trátase de facer máis atractivo o destino de Vigo e Galicia en pleno verán e achegar a súa contribución para consolidar á cidade como destino atractivo e familiar. Somos conscientes ademais da gran oportunidade que supón para toda Galicia a celebración de Xacobeo en 2021, polo que O Marisquiño asume o seu compromiso de mostrar ao mundo o mellor da nosa terra.Novidades e sorpresas

Nos próximos meses definirase a estrutura da nova edición do Festival tanto a nivel de competicións deportivas como culturais e de lecer, aínda que xa están confirmadas as tres Copas do Mundo de Skate, Basket 3x3 e Dirt Jump que se celebrarán no Peirao de Transatlánticos, Praza da Estrela e contorna das Avenidas, respectivamente.

Confírmase tamén a programación OMKIDS que fará especial fincapé nas actividades familiares, cada ano máis demandadas, e que ampliará a súa oferta para o público infantil. Ao tratarse dunha edición tan especial, este ano haberá máis sorpresas e novidades na programación e actividades de O Marisquiño. 

En poucas semanas anunciarase a distribución dos espazos en todo o recinto e as principais novidades da programación cultural e deportiva. 

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos