Evento: III As Noites de Caudal Fest

  • Festival As Noites do Caudal Fest 2020
  • Festival As Noites do Caudal Fest 2020
Aprazado
III As Noites de Caudal Fest
xoves, 3 setembro, 2020 a domingo, 20 setembro, 2020
xoves, 3 setembro, 2020 a domingo, 20 setembro, 2020
Praza de Augas Férreas / Explanada Gustavo Freire ,
Lugo

III As Noites de Caudal Fest

Do 3 ao 20 de setembro en Lugo

 Do 3 ao 20 de setembro Lugo será a cidade protagonista do ciclo de concertos de aforo reducido estrela en Galicia, As Noites de Caudal Fest. Haberá concertos tanto de pago como gratuítos, e cunha ampla variedade de estilos. Todos eles adoptarán as medidas de seguridade actuais para eventos culturais, adecuadas á nova normalidade, con actuacións máis persoais e íntimas, con aforos reducidos respetando a distancia de seguridade e con uso obrigatorio de máscaras para público e traballadores.

  • Izal (Pequeña Gran Gira - Formato Reducido, única data en Galicia)
  • Amaral (Eva y Juan - Conciertos Acústicos)
  • Dorian (única data en Galicia)
  • M-Clan
  • Ana Guerra
  • Martita de Graná
  • Hard GZ
  • Chica Sobresalto (Maialen)
  • Baiuca
  • Ortiga
  • Holywater (gratuíto)
  • David Prado (gratuíto)

 

 Información importante:

* As entradas son individuais para cada concerto, non existe ningún abono que inclúa varios concertos.

* Os concertos realízanse con asentos asignados previamente, con distancia de 1,5m entre asentos e uso obrigatorio da máscara en todo momento. 

* Son entradas nominativas e pidese os datos de cada asistente para poder contactar coas persoas en caso de necesidade.

* Un mesmo comprador poderá mercar un máximo de 8 entradas por persoa pero deberá indicar os nomes e apelidos de cada persoa por separado.

* Seguirase a normativa para poder asegurarse concertos seguros e controlados con acomodación escalonada e con antelación, diferentes fluxos de xente, desinfección antes e despois dos concertos. Todas as medidas de prevención na web da organización.

* Poderanse xuntar os asentos in situ no caso de persoas convivintes seguindo a normativa vixente.

* Menores de 16 con autorización firmada por pai/nai/titor legal e acompañados por un adulto responsable. Documento dispoñible na sección de compra de cada concerto.

 

 

 

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos