Evento: O bosque animado
O bosque animado
España, 2001
Dirección: Manolo Gómez e Ángel de la Cruz. Guión: Ángel de la Cruz. Produción: Dygra Films.
Duración: 83 minutos.
Un traballo de catro anos e centos de profesionais, animación en 3-D para unha historia de toupas libremente inspirada na narración literaria homónima de Wenceslao Fernández Florez. O ocioso Sr. D' Abondo mailo seu criado Rosendo atravesan a fraga de Cecebre ata que un día uns homes chantan un poste de teléfono. Comezan as complicacións e os habitantes do bosque vanse unir para solucionar os problemas da fraga. Gañadora de 2 premios Goya (película de animación e canción), preseleccionada para o Oscar, obtivo uns dous millóns de euros de recadación.
Máis eventos de tipo Proxección audiovisual