Evento: Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina

Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina
domingo, 6 decembro, 2020 - 12:00
Liceo de Ourense,
Ourense

Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina

Actuación do grupo de baile e gaita.

En 1978 nace a Asociación Cultural Xacarandaina co obxectivo de “educar para o mellor disfrute do lecer”. Durante estes anos a Asociación aumentou e medrou, ampliando o seu número de socios/as e conseguindo que non só os máis novos estean incorporados dentro dela senón que o abano de idades sexa moito maior, aínda que o espírito segue sendo o mesmo co que foi creada, sendo unha entidade que ofrece servizos á mocidade.

Nos seus comezos a Asociación nace no local social do edificio "La Terraza" nos Xardíns de Méndez Núñez mudando a súa situación á rúa Historiador Vedía, 3 - Soto 1º, onde se sitúa actualmente. No ano 2009 a Asociación Xuvenil muda a Asociación Cultural. Neses intres a asociacion conta con 800 socios e socias en tódolos rangos de idade.

Ao longo de todos estes anos foron moitas as persoas que traballaron desinteresadamente para sacar adiante a Asociación. Entre elas cabe destacar a achega de Felicitas Sanleón, que foi piar fundamental de Xacarandaina ó longo de moito tempo.

A Asociación conta cunha Escola onde se imparten actividades de todo tipo e para todas as idades: baile tradicional galego, gaita, pandeireta e canto, acordeón, percusión, clarinete, debuxo, pastel, óleo, acuarela, bailes latinos e salón, ximnasia de mantemento, encaixe de bolillos e guitarra.

O Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina ten como misión fundamental a investigación do folclore galego.Nesta tarefa búscase a maior pureza e semellanza coa realidade e pretendende ser unha ferramenta de transmisión da arte popular de Galicia. Para levar a cabo tal fin, realízanse espectáculos de gran magnitude e represéntanse, tanto na nosa comunidade, no Estado, así como no estranxeiro a través dos festivais internacionais onde participa. A Asociación é a que nutre ó grupo dos seus mellores bailaríns e músicos que son á vez mestres dalgunhas actividades da Asociación e traballaren para inculcar os seus coñecementos a moitos alumnos que teñen como meta chegar a formar parte do devandito grupo.

  • XXI Concurso Música Xacarandaina. Canto, Xota e Pasodoble de Toutón.

Máis eventos de tipo Concerto

Derby Motoreta’s Burrito Kachimba
25 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Tecendo afectos
26 de abril
Biblioteca Pública de Ourense
Carlangas
26 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5