Evento: Visitas teatralizadas ao cemiteiro de Pereiró

Visitas teatralizadas ao cemiteiro de Pereiró
mércores, 4 novembro, 2020 a domingo, 15 novembro, 2020
Cemiterio de Pereiró,
Vigo

Visitas teatralizadas ao cemiteiro de Pereiró

Visitas guiadas e teatralizadas ao ceminterio de Pereiró.

Como cada ano por estas datas volven as visitas guiadas e teatralizadas ao ceminterio de Pereiró. Personaxes ilustres enterrados aquí, como Concepción Arenal, Irene de Ceballos (muller de Policarpo Sanz), Bernardo González del Valle (Cachamuíña) e María de los Milagros Elduayen (Marquesa de Valladares), exercen de guías.

O Concello programa vinte catro visitas, todas de hora e media de duración estimada e inicio ás 19 horas. A primeira, este mércores, 14 de outubro, e continúan os días 15, 16, 17, 18, 21, 22, 23, 24, 25, 26, 27, 28 e 29 deste mes e no 4, 5, 6, 7, 8, 11, 12, 13, 14 e 15 de novembro.

Tamén por mor da pandemia, os interesados en anotarse deberán facelo por vía telemática, a través da web de Turismo de Vigo. A inscrición será individual, para maiores de idade e achegando nome completo, DNI, mail e teléfono; unha vez realizada, o interesado recibirá un correo de confirmación e, no caso de esgotarse as vacantes do día, abrirase unha lista de agarda co mesmo procedemento de rexistro.

Cada luns ás 9 horas se abre o prazo de inscrición para as visitas da semana, de tal forma que este luns, 12 de outubro, xa será posible apuntarse a algunha das xornadas da vindeira semana, desde o mércores 14 ata o domingo 18. Para aclarar dúbidas ou ampliar información, o Concello dispón o teléfono 986224757 ou o correo electrónico turismodevigo@vigo.org.

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

Visitas guiadas MAPOUR
Visitas guiadas
15 de outubro a 3 de xuño
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
O Día das Letras Galegas e Compostela
16 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal